Conversaciones con mi jardinero, Mellor Película da Sección Oficial da Semana de Cine de Lugo

Foto de noticiaCunha media de 2,553, con 179 votos e 457 puntos, a francesa
Conversaciones con mi jardinero foi elexida Mellor Película da Sección
Oficial da XXX Semana Internacional de Cine de Autor que organiza o Grupo
Fotocinematográfico Fonmiñá que manifestou a súa satisfacción pola
asistencia ás proyeccións dos diversos ciclos.

O voto do público elexiu como Mellor Película da Sección Oficial, ao filme
francés realizado por Jean Becker, CONVERSACIONES CON MI JARDINERO. A
película obtivo unha media de 2,553, con 179 votos e 457 puntos.

O segundo lugar ocupouno ARITMETICA EMOCIONAL cunha media de 2,472 (161
votos, 398 puntos). O terceiro lugar foi para LA BODA DE TUYA cunha media
de 2,446 (148 votos, 362 puntos). A cuarta posición foi para EL BAÑO DEL
PAPA cunha media de 2,237 (152 votos, 340 puntos). A quinta posición foi
para 4 MESES 3 SEMANAS 2 DIAS cunha media de 2,125 (112 votos, 238
puntos). O sexto lugar ocupouno a pelcula española PRETEXTOS cunha media
de 1,943 (106 votos,205 puntos).

Ao longo da semana os espectadores que asistiron ás distintas proxeccións
o fixeron en número superior aos 9.000. Cunha media de asistencia diaria
de 1.300 espectadores.

Asistencia

Celebrada a XXX Semana Internacional de Cine de Autor, o Grupo
Fotocinematográfico Fonmiñá quere facer constar a súa satisfacción pola
excelente acollida do público lucense, que disfrutou das proxeccións e
fixo constar repetidamente a devoción
polo cine de autor.

A cifra de espectadores, que superaron os nove mil, nun tempo no que o
cine comercial está en crise, reafírmanos no camiño seguido que estimamos
debe continuar cada vez con máis forza.

E o agradecemento que sentimos polos cinéfilos lucenses facémolo constar,
así mesmo, ás institucións que colaboraron connosco para que a Semana fose
posible: Concello de Lugo, Deputación Provincial de Lugo, Secretaría Xeral
de Comunicación da Xunta de Galicia, Vicepresidencia da Igualdade e do
Benestar, Xacobeo, Universidade, Caixa Galicia e Galicia Dixital.

Remata un ciclo cun número de semanas tan rotundo como a que vimos de
celebrar. Á satisfacción e agradecemento expresados quédanos por engadir o
desexo: ¡Por moitos anos, Semana de Cine de Lugo!.

  • 2008-10-03 10:20:21
  • haz TB
  • Noticia leida 90 veces
  • Novas