Presentado o libro Un Lugo de Cine, no marco da XXX Semana de Cine de Autor

Foto de noticiaO director da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, Manuel Curiel, presentou esta publicación concebida como un diccionario de xentes, obras e institucións relacionadas con Lugo e a séptima arte.

O director da Semana de Cine de Autor de Lugo, Manuel Curiel, acompañado polo presidente do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, Xulio Xiz, presentou o libro Un Lugo de cine. Trátase dunha compilación de datos presentados a xeito dun diccionario de xentes, obras e institucións relacionadas con Lugo e a séptima arte.

O libro presentouse no Gran Hotel Lugo no marco da XXX Semana Internacional de Cine de Autor que se celebra en Lugo entre o 21 e o 27 de setembro. Previamente a esta presentación tivo lugar a comparecencia
de Arsenio Martin Ensemble que puxo a música en directo á proxección da película Carmen, de Ernst Lubitsch, coa que comezaba esta Semana de Cine.

Unha semana que continúa co tradicional ciclo Infantil e coa concurrida Sección Oficial con películas a concurso como 4 meses, 3 semanas, 2 días; Pretextos; Aritmética emocional; Conversaciones con mi jardinero; La boda de Tuya e El baño del Papa. Aos ciclos sobre Igualdade, curtametraxes e cine cubano, Imprenscindibles ou o especial Gutiérrez Alba, súmanse eventos especiais como a proxección de El Pórtico de la Gloria, no especial Xacobeo; Historias de la radio, en homenaxe a Tonina Gay Parga, ou a estrea en España da película arxentina Imaginadores.

Fotografías: Manuel García

  • 2008-09-22 21:21:54
  • haz TB
  • Noticia leida 110 veces
  • Novas