Do 21 ao 27 de setembro celébrase en Lugo a XXX Semanal Internacional de Cine de Autor
O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá organiza a trixésima edición da
Semana Internacional de Cine de Autor, principal evento
cinematográfico da ciudade desde hai 30 anos. Ás xa clásicas
seccións Infantil e Oficial súmase, un ano máis, o ciclo sobre a
Igualdade e engádense, como novidades, os ciclos Imprescindibles,
Tomás Gutiérrez Alea, Cine Cubano, Xacobeo e Homenaxe a Tonina Gay
Parga.
Ante a presencia da concelleira Concepción Burgo, do vicepresidente
da Deputación Provincial Antón Bao, dos representantes de Caixa
Galicia Sinesio Pérez, do Xacobeo Ramón Cortés, da Vicepresidencia
da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, Mari Paz Quiroga, e
de Fonmiñá Manuel Curiel e Xulio Xiz, presentouse a XXX Semana
Internacional de Cine de Autor de Lugo.
O Auditorio Municipal Gustavo Freire, a Biblioteca Provincial, a
Fundación Caixa Galicia e o Edificio Administrativo da Xunta
albergan entre o 21 e o 27 de setembro os distintos eventos que
o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá integra no programa da
Semana de Cine. Con motivo do trixésimo aniversario deste evento
cultural, a organización promove unha serie de artigos que,
agrupados baixo o título xenérico de "Tempos pasados que sempre foron
de cine" rememoran a importancia da séptima arte para plumas como
as de Claudio Rodríguez Fer, Paco Martín ou Adolfo de Abel, entre
outras. Ademáis, organízanse tres exposicións: a que agrupa os
carteis que anunciaron as 30 edicións da Semana de Cine de Lugo
desde o seu inicio no ano 1979 e que se pode ver no Auditorio
Municipal; a exposición tamén de carteis de Eduardo Muñoz Bachs
na Biblioteca Provincial, e a mostra de fotografías e caricaturas El
caballero de París que se exhibe no Edificio Administrativo da
Xunta de Galicia.
A XXX Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo arranca o
domingo 21 de septembro ás 20 horas coa proxección no
Gustavo Freire da película Carmen, de Ernst Lubitsch e con música
de Arsenio Martinsemble. O luns 22 iníciase a clásica Sección
Infantil con películas como El Cid; Pinocho 3000K; Gisaku; Pérez, el
ratoncito de tus sueños; Nocturna, una aventura mágica, e Donkey Xote.
A continuación (ás 19:00 horas) proxectaranse as películas
integradas no Ciclo Igualdade: Red Road, 53 días de invierno,
Provoked, Lo mejor de mi, Lejos de ella y No basta una vida. Antes da
Sección Oficial, ás 21:00 horas, prográmanse os pases dos
filmes do Ciclo Imprescindibles: A batalla de Hadiza, Media Luna,
Barrio Cuba, La zona, Persépolis e Propiedad privada. Xa ás 23:00
horas entran en concurso as películas da Sección Oficial: 4 meses,
3 semanas, 2 días; Pretextos; Aritmética emocional; El baño del Papa;
La boda de Tuya e Conversaciones con mi jardinero.
Na Biblioteca Provincial prográmanse outros dous ciclos: ás 18:00
horas o Ciclo Tomás Gutiérrez Alea (Historia de la revolución, Las
doce sillas, La muerte de un burócrata, Memorias del subdesarrollo e
La última cena) e o Ciclo de Cine Cubano ás 20:00 horas (La edad
de la peseta, Fruta en el café, Pompas de jabón, Zafiros locura azul,
El caballero de La Habana y Mi caballero de París).
A Fundación Caixa Galicia acolle varios eventos como o Ciclo Curtas
Igualdade (Test, Hiyab, Pasamos al plan B e A Meiga Chuchona); a
proxección de El Pórtico de la Gloria no especial Xacobeo (día 23
de setembro ás 20:00 h.), e de Historias da radio na
Homenaxe a Tonina Gay Parga o día 24 de setembro, tamén ás
20.00 horas. A Semana complétase coa estrea en España da
película arxentina Imaginadores, o día 26 de setembro ás 20.00
horas, e o ciclo de curtametraxes cubanos (Especial Lluis Hereu), coas
proxeccóns de Croquetas de ave, El gusto exquisito, El séptimo
Mandamiento, L'Enfant terrible e Pedaleando.
Fotografías: Carlos Rodríguez Arias

