Cartel 2008
Marco Antonio Mosquera Campo, de Oviedo,
autor do cartel anunciador da
XXX Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo
Na sede de Fonmiñá en Lugo, reuníuse o xurado para elixir o cartel anunciador da XXX Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, que organiza esta agrupación, formado por: Luisa Zarzuela( polo Concello de Lugo), Aurelia Balseiro (pola Deputación Provincial), Manuel Gulín (pola Xunta de Galicia), Sinesio Pérez (por Caixa Galicia), e Eduardo Rodríguez Ochoa e Xulio Xiz (por Fonmiñá).
Recibíronse carteis de Oviedo, Valencia, Gijón, Barcelona, León, Vizcaya, Navarra, Palencia, A Coruña, Pontevedra e Lugo.
Foi seleccionado por unanimidade un cartel deseñado por Marco Antonio Mosquera Campo, de Oviedo, que figurará no cartel anunciador e en todo o material informativo

