Sala Xunta de Galicia

EL CABALLERO DE PARIS (EXPOSICION DE FOTOGRAFIAS E CARICATURAS)..
.
Vilaseca - Negueira de Muñiz (A Fonsagrada), 1899 - La Habana 1985..
“O Cabaleiro de París” foi un personaxe que deambulaba polas rúas da Habana desde a década do 20 do pasado século. Vestía de forma extravagante con capa negra, cabelo longo e barba. Atraeu a todos polo seu comportamento pintoresco, a súa educación, a súa cultura e a maxia da súa comunicación, gañando o afecto de varias xeracións de capitalinos. O seu verdadeiro nome foi José María López Lledín. Participou en varios programas da televisión cubana e en películas de cine con ambiente cubano. As directoras de cinematográficas Natasha Vázquez (El Caballero de París) e Consuelo Ramírez Enríquez (Mi caballero de París), recréano en ámbalas dúas películas. Na pasada edición da Feira do Libro da Habana, saiu á luz unha publicación con caricaturas realizada polos mellores debuxantes cubanos. O seu médico habitual, o Dr. Calzadilla Fierro, escribiu un libro sobre os seus avatares.