HOMENAXE A TONINA GAY

ANTONINAGAY PARGA (TONINA GAY)
Barcelona, 1941.
Xornalista. Desde 1948 residiu en Ávila e estudou o bacharelato no colexio Purísima Concepción das Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl – As Nieves. Cursou a carreira de Maxisterio na Escola Normal Santa Teresa. Estudiou Xornalismo na Escola Oficial de Xornalismo de Madrid e é diplomada en Galego pola Escuela Oficial de Idiomas da Coruña. En 1961 aprobou a oposición ou realizó un curso en San Bartolomé de Pinares. Excedente, pertence ó cadro de persoal de Radio Lugo desde 1962.
Foi a primeira presentadora de Los 40 Principales e presentou tamén outros programas como Los Superventas e Hora Punta. Pasou por varios servizos informativos e programas culturais. Co equipo “Galicia sempre”, fixo o primeiro programa íntegramente en lingua galega a principios dos 70 xunto con Lois Diéguez, Margarita Ledo Andión, Eliseo Miguélez, Carlos Varela Veiga... Creou o magazine Mexunxe en 1985 e presentouno ata 1993. Foi a responsable de dous cursos de iniciación á lingua galega e un de perfeccionamento para radio. Durante tres anos consecutivos presentou na Cadena SER de Galicia programas dedicados ás letras galegas. Crea e presenta a tertulia “Club de opinión” desde 1991. Promove a revista de radio alternativa “O Badulaque” en lingua galega, dirigida e presentada por Grial Parga, que por primeira vez se emite na radio de Lugo vía Internet.
Xunto con Jesús García Calderón e Jorge de Vivero, creou e presentou o programa semanal dos 1997-98-99-00 Libros, música y otras hierbas. De 1994 a 1995 presentou o programa Lucenses, unha serie de quince entrevistas para TV Lugo. En 1993 recibiu o premio Galicia de Comunicación para medios radiofónicos.
En 1962 recibiu o primeiro premio para actriz no “Primer Certamen de Teatro Juvenil del Duero” (Zamora). É presidente do Club Cultural Valle-Inclán e é vogal da directiva da Sociedad Filharmónica de Lugo. En 2008 foille outorgado o título de Lucense do Ano.
Caixa Galicia-Día 24-8 tarde
Historias da radio
Dirixida por: José Luis Sáenz de Heredia , 1955
Nacionalidade: ESPAÑOLA
Xénero : Comedia.
Fecha de estrea : 25-07-1955 Madrid: Palacio de la Prensa.
Productora: CHAPALO FILMS, SA
Distribuidora: Suecia Films-Cesareo González S.A.
Argumento : José Luis Sáenz de Heredia
Guión : José Luis Sáenz de Heredia
Director de Fotografía : Antonio L. Ballesteros
Música : Ernesto Halffter
Montaxe : Julio Peña
Duración orixinal : 95 minutos
Lugares de rodaje : Madrid.
Intérpretes: Francisco Rabal , Margarita Andrey , José Isbert , Angel de Andrés , José María Lado , Alberto Romea , Guadalupe Muñoz Sampedro , Juanjo Menéndez , Tony Leblanc , Juan Calvo , Pedro Porcel , José Luis Ozores , Boby Deglané , Luis Molowny , Rafael Gómez , "El gallo" , Gracia Montes , Los Xey , Adrián Ortega , José Orjas , Juan Vázquez , gustavo Re , María Teresa del Río , Nicolás Perchicot , Rafael Bardem , Xan Das Bolas
A radio convértese non só nun medio de entretemento para todo o mundo, senón que é o punto de referencia para os intereses máis diversos, por exemplo para que uns homes gordechos intenten rebaixar uns quilos a partir dunhas táboas de ximnasia. Claro está, que os radiooíntes non saben o que sucede nos estudios de gravación. Alí as rivalidades entre compañeiros están ó orden do día, e unha boa mostra diso apréciase nos concursos. As tres historias son un exemplo do que se propón día a día: un inventor que quere gañar un premio tense que disfrazar de esquimó e chegar o primeiro ós estudios, para conseguir patentalo co diñeiro do premio; un ladrón que está desvalixando unha casa colle o teléfono e cando sabe que lle tocou un premio decide compartilo coa persoa a quen llo ofrecen, co fin de abandonar a súa vida, e por último, un neno enfermo non ten cartos para poder ir ó estranxeiro a curarse, para elo o mestre decide participar no concurso que, finalmente, lle facilitará os cartos necesarios.
Moi influída polas comedias á italiana, a película está construída en base ás sorpresas e ós cambios de ritmo con varios episodios que teñen como común denominador a radio, que acompañou a vida dos españois nos duros anos da posguerra.
É a mellor película de José Luís Sáenz de Heredia, autor tamén do guión, que combina o sainete costumista, como o episodio en que José Isbert, disfrazado de esquimó, se ve obrigado a realizar unha aloucada carreira polo centro de Madrid para chegar á emisora e gañar un concurso a fin de conseguir as tres mil pesetas que lle permitirían patentar unha invención, e o humanismo moralista (o episodio do neno enfermo e a relación entre a parella de locutores). A máxima figura radiofónica do momento, Bobby Deglané, interprétase a si mesmo e o sketch do ladrón que no domicilio no que entrou a roubar contesta unha chamada telefónica dun programa de radio, serviría de inspiración a Woody Allen para un dos seus episodios de Días de radio.
![]() | ![]() |

