APUNTES SOBRE A HISTORIA DO CINE EN CUBA

(dende Cuba, Félix Rubén Aloma)

O cine cubano estableceu o seu aporte innegable ao legado cultural latinoamericano e universal. En apertada síntese faremos unha viaxe histórica sobre o cine en Cuba dende o seu comezo ata o ano 2000, desempoando recordos para moitos e ofrecendo fonte de coñecemento aos máis novos. Cuba, e exactamente a súa capital, foron dos primeiros lugares en latinoamérica aos cales arribou a novidade tecnolóxica que era aínda o cinematógrafo en xaneiro de 1897. Representante dos irmáns Lumiere foi Gabriel Veyre, quen ademáis de servirlle de embaixador ao invento dos franceces, tamén realizou na Habana o primeiro filme cubano con ambiente local do que se ten noticias: “Simulacro de incendio”, no mesmo ano. Con carácter marcadamente nacionalista e patriótico distinguiuse a esporádica producción cinematográfica durante as dúas primeiras décadas do século. O principal pioneiro e animador foi Enrique Díaz Quesada; da súa ampla producción (“El capitán mambí”, “La manigua o La mjuer cubana”, “El rescate de Sanguily”) só se conserva a curta documental “El parque de Palatino”. A finais dos anos 20 os filmes acadaban moi escasa calidade, eran obras artesanais, inxenuas e con moi escasos valores artísticos. É o momento en que Ramón Peón, outro dos principais fundadores dunha cinematografía cubana, realiza a memorable “La virgen de la Caridad” (1930), considerada por algúns historiadores un dos filmes latinoamericanos máis importantes deste período. Tamén existían noticiarios sistemáticos, algúns dos cales constitúen o máis importante testemuño audiovisual da Cuba desa época.
O célebre Félix B. Caignet e os seus episodios radiofónicos do detective Chan Li Po, serviron de inspiración para a primeira película sonora cubana (1937), “Serpiente roja”, con dirección de Ernesto Caparrós. Esta época estuvo marcada polo folclorismo, a música e o teatro popular vernáculo, ou imitaba o melodrama mexicano e os folletíns radiales: “Romance del palmar”, “Estampas habaneras”, e outros.

Nas décadas dos anos 40 e 50 abundan numerosas coproduccións con México, “Siete muertes a plazo fijo” (1950) e “Casta de roble” (1953), ambas dirixidas por Manuel Alonso, sen grandes pretensións artísticas. En 1951 creouse a Sociedad Cultural Nuestro Tiempo, que incluíu a varios artistas e intelectuais, algúns dos que logo fundarían o Instituto Cubano del Arte e Industria Cinematográficos (ICAIC). Julio García Espinosa realizou a curta documental “El Mégano”, coa colaboración de Tomás Gutiérrez Alea, Alfredo Guevara e José Massip, proposta dun novo tipo de cine crítico e problemático (1955), que daría lugar á creación do ICAIC, logo do triunfo da Revolución, en Cuba no ano 1959. Coa creación e posta en marcha do ICAIC, o cine cubano agrupábase en tres grupos: Didáctico, documental e de ficción, aparte do departamento de debuxos animados, creado en 1960, ao igual que o Noticiero ICAIC Latinoamericano, realizado por Santiago Álvarez. Paralelamente, chegan ao país numerosas personalidades do cine mundial, moitas das cales realizaron aquí importantes obras, como Roman Karmen, Chris Marker, Joris Ivens, Mijail Kalatozov, Agnes Varda, Cesare Zavattini e moitos outros.

Tomás Gutiérrez Alea transformaríase no máis destacado realizador cubano dende que dirixira a primeira longametraxe cubana de ficción, “Historias de la Revolución”, despois do cal transitou do épico ao íntimo e á sátira crítica en “Las doce sillas”, “La muerte de un burócrata” e “Memorias del subdesarrolo”. Nesta época é imprescindible mencionar as obras de Julio García Espinosa (“Aventuras de Juan Quinquín”), Humberto Solás (“Manuela, Lucía”) Octavio Gómez (“La primera carga al machete”), de entre un movemento documental importante. A década máis inclinada ao cine retro ou historicista foi o período comprendido entre os anos 1971 e 1976 a través de filmes como “Páginas del diario” de José Martí (José Massip), “La última cena” e “Los sobrevivientes “ (Tomás Gutiérrez Alea), “Maluala”, “El otro Francisco” e “Rancheador” (Sergio Giral), “Mella” (Enrique Pineda Barnet), “El hombre de Maisinicú” (Manuel Pérez), “El brigadista” (Octavio Cortázar” e algúns outros. Tampouco faltaron exemplos de filmes críticos e máis contemporáneos; tal é o caso de “Un día de noviembre” (Humberto Solás), “Ustedes tienen la palabra” (Manuel Octavio Gómez), “Retrato de Teresa” (Pastor Vega) e “De cierta manera” (Sara Gómez), por mencionar só os máis destacados.
Nesta etapa non podemos esquecer no cine histórico a longametraxe de debuxos animados “Elpidio Valdés” e a superproducción “Cecilia”, que abriría unha nova etapa no cine cubano. O primeiro lustro dos anos 80 encontra o cine cubano cun promedio de tres longas de ficción. Conseguiuse dinamizar a producción, mediante unha serie de comedias costumistas e contemporáneas como “Se permuta” e “Los pájaros tirándole a la escopeta”, “Una novia para David”, “Plaff” ou “Demasiado miedo a la vida” e “La bella del Alambra”, que se contan entre as mellores desta etapa. Nesta década tamén trunfou un cine de xénero e reflexivo como “Papeles Secundarios”, “Hasta cierto punto”, e no histórico “Amada”, “Un hombre de éxito”, “Clandestino”, sin descontar ao xénero documental, que coñeceu nestes anos un verdadeiro momento de esplendor mediante as obras de Marisol Trujillo, Enrique Colina, Jorge Luis Álvarez, Oscar Valdés e o sempre vixente Santiago Álvarez. Entre 1980 e 1989 o ICAIC participou na creación de 70 longas de ficción, 44 deles dirixidos por cubanos. Os anos 90 brindáronos outras obra históricas, “El siglo de las luces”, de Humberto Solás, “Hello Hemingway” de Fernando Pérez pero tamén comedias costumistas, críticas, como “Adorables mentiras” de Gerardo Chijona. Vale mencionar as que según a crítica foron as máis grandes desta etapa: “Fresa y Chocolate” de Gutiérrez Alea e Juan Carlos Tabío e “Madagascar” de Fernando Pérez. Aínda que tamén houbo outras moi populares como “Kleines Tropicana”, “Zafiro, Locura Azul” e “Un paraíso bajo las estrellas” e películas experimentais como “Pon tu pensamiento en mi”, “El elefante y la bicicleta” e “La ola”.
A desaparición física de algúns dos mellores creadores (Gutiérrez Alea, Santiago Álvarez), crea un baleiro no cine cubano, pero a presenza de Juan Carlos Tabío coa súa exitosa coproducción con España “Lista de espera” e “Aunque estés lejos”, mentres Fernando Pérez e Humberto Solás, tamén coproduccións, lle dan continuidade ás súas poéticas personais mediante “Miel para Oshun” e “Suite habana” respectivamente.