O Cabaleiro de La Habana + O meu cabaleiro de París

Biblioteca Provincial-Día 22-8 tarde
O Cabaleiro de La Habana
Premio da Dirección
Provincial de Cultura no Festival Nacional de Cine, Radio e TV “Caracol”, La Habana, 1999.
Mención no Festival Caracol, en documental. Cuba, 1999.
Premio da AHS no Festival Nacional de Cine, Radio e TV, Caracol, Cuba, 1999.
Premio Vitral ó mellor documental no Encontro Nacional de Vídeo. Cuba, 1999.
Primeiro Premio Xanela de vídeo, outorgado pola Xunta de Galicia. España, 1998.
Premio da Revista Revolución e Cultura no Festival de Cine Latinoamericano da Habana, Cuba, 1998.
Premio de Cultura Comunitaria no Festival Cine Plaza, Cuba, 1999.
Premio Bolboreta, outorgado pola Consellería de Emigración da Xunta de Galicia.
Premio Andoriña, outorgado pola Consellería de Emigración da Xunta de Galicia.
El Caballero de La Habana, dirixida por Natasha Vázquez e Rigoberto Senarega, narra a vida de José Mª López Lledín, un emigrante da Fonsagrada a Cuba, que se converteu en símbolo capitaliño cubano. Este home recorreu as rúas habaneras durante 50 anos, inmerso nun mundo de ilusión no que se vía a si mesmo como o cabaleiro de París ou como o Conde de Montecristo. A pesar da súa pobreza, nunca pediu esmola, a solidariedade e a amizade ofrecíanlle refuxio e comida, dándolle a oportunidade de comprobar que o imperio de felicidade, xustiza e abundancia co que soñaba para toda a humanidade podía ser unha realidade.
Natasha Vázquez é graduada en Xornalismo Internacional no Instituto de Relacións Internacionais de Moscova (1989), membro da Unión de Escritores e Artistas de Cuba (UNEAC), da Unión de Xornalistas de Cuba, da Organización Internacional de Xornalistas, da Sociedade Xeral de Autores e Editores de España (SGAE) e do Movemento Nacional de Vídeo cubano. Desde setembro de 1989 ata decembro de 1990 traballou na emisora Radio Metropolitana, na Habana. A partir desa data e ata xaneiro de 2001, traballou en CHTV, o canal televisivo da capital cubana, así como para a TV nacional de Cuba. Durante este tempo realizou centos de noticias, entrevistas, reportaxes. Tamén dirixiu varios documentais e programas especiais. Actualmente participa no Grupo de Creación de Documentais da TV cubana. As súas obras participaron en festivais internacionais en España, Italia, Francia e Estados Unidos, entre outros, sendo finalistas ou gañadoras en varias ocasións. Ten realizado varios cursos de posgrao, tanto de xornalismo como de realización audiovisual.
Filmografía: 1994 El camino de la libertad. (Serie Doc.). 1995 El niño de la Edad de Oro. (Doc.). Por la ruta de Sebastián de Ocampo. (Reportaxe). 1996 Embajadores de cariño. (Doc.). 1998 Crónicas del Barrio. (Serie Doc.). El Caballero de La Habana. (Co-dirección con Rigoberto Senarega. Doc.). 1999 Gregorio y el mar. (Doc.). 2000 Repartiendo el corazón. (Co-dirección con Rigoberto Senarega. Doc.). 2001 La Bella Otero. (Doc.). 2002 Y es bello vivir. (Doc.). 2004 Los últimos gaiteros de La Habana. (Doc. 26´). 2005 Hijas de Galicia. (Doc. 26´). 2006 Madre de mi alma. (Doc. 26´).
Premios e recoñecementos: Medalla “Castelao” 2005, Xunta de Galicia; Premio da Crítica Cinematográfica no Festival Caracol, 2005; Premio do Festival de Vídeo Independente Iberoamericano; Premio da Editorial da Muller; Varias veces premio “Xanela” outorgado pola Xunta de Galicia e Gran Premio Nacional de Televisión 2005.
Rigoberto Senarega, naceu en Matanzas, en 1960. Director de Fotografía de cine e TV, licenciouse en 1983 na especialidade de Xeografía-Pedagoxía, é profesor de Fotografía no Instituto Superior de Arte (ISA). Desde moi novo vincúlase ó movemento de Cine Clubs, filmando en 16 mm máis de 20 materiais entre documentais, curtametraxes e longametraxes de ficción, logrou varios premios á mellor fotografía con algúns deles. En 1984 comeza a traballar para a produtora TRIMAGEN e desde 1996 realiza traballos para o Instituto Cubano de Radio e Televisión (ICRT): Posteriormente realiza para o Instituto Cubano de Arte e Industria Cinematográficos (ICAIC), como director de fotografía de seriados, documentais e películas de ficción.
Realizou e produciu varios documentais de forma independente e prestou servizos a varias televisións internacionais, entre elas: NBC, BBC e Televisión de Galicia. En máis de 20 anos de traballo ten sido camarógrafo ou director de fotografía de centos de noticias, reportaxes, documentais, traballos especiais, publicidade, filmacións submarinas, series e telefilmes. As súas obras participaron en mostras e festivais internacionais en Cuba, España, Italia e os Estados Unidos, entre outros países.
(Mi caballero de Paris)
Productora: Televisión Cubana
Guión: Consuelo Ramírez Enríquez
Dirección: Consuelo Ramírez Enríquez
Producción General: Lázaro Fernández
Dirección de Fotografía: Alberto Inerariti
Edición: Pedro Suárez
Música Orxinal: Luciana Suárez
Directora asesora: Mirtha González Perera
Intérpretes: Yuliet Cruz , Martha del Río, Aramís Delgado, Luis Rielo, Karla Teutelo, Karla Ochoa, Jorge Alí, Tamara Morales, Pancho García, Yasmani Guerrero
Eslinda Núñez , Daysi Quintana, Gretel Pérez, Arístides Naranjo, Presentación: Gretel Cazón, Félix René Martínez
Productora: Televisión Cubana
Guión: Consuelo Ramírez Enríquez
Dirección: Consuelo Ramírez Enríquez
Producción General: Lázaro Fernández
Dirección de Fotografía: Alberto Inerariti
Edición: Pedro Suárez
Música Orxinal: Luciana Suárez
Directora asesora: Mirtha González Perera
Intérpretes: Yuliet Cruz , Martha del Río, Aramís Delgado, Luis Rielo, Karla Teutelo, Karla Ochoa, Jorge Alí, Tamara Morales, Pancho García, Yasmani Guerrero
Eslinda Núñez , Daysi Quintana, Gretel Pérez, Arístides Naranjo, Presentación: Gretel Cazón, Félix René Martínez
Unha estudante de Artes Plásticas investiga a vida do máis célebre personaxe vagabundo do século XX habaneiro. Para lograr o seu propósito ten que vencer, non só as “incomprensións” do seu titor, senón o celo co que unha anciá protexe canto sabe do Caballero de París. A través da imaxinación da xove Daría e das lembranzas da sorprendente muller, acercámonos ao lendario mundo deste símbolo da nosa Cidade.
![]() | ![]() |

