A morte de un burócrata (1966)

Biblioteca Provincial-Día 24-6 tarde

Dirección: Gutierrez Alea.
Argumento e guión en colaboración con Alfredo del Cueto, Ramón F. Suárez.
Fotografía: Ramón F. Suárez.
Montaxe: Mario González.
Música: Leo Brouwer.
Son: Eugenio Vesa.
Intérpretes: Salvador Wood, Manuel Estanillo, Silvia Planas, Gaspar de Santelices, Pedro Pablo Astorga, Carlos Gargallo

“Un golpe de ataúd en tierra es algo perfectamente serio”, escribiu Antonio Machado, e éo sempre que o cadaleito non arrastre consigo os seus documentos de identidade en medio dun remuíño burocrático, porque entón desátase o absurdo. Esta película é unha sátira social que disfruta denunciando un vello mal, as súas consecuencias e derivacións, co desenfado que caracteriza o humor crioulo e caribeño.

Francisco J. Pérez, un proletario exemplar que inventou unha máquina para fabricar en serie bustos de plástico de heroes socialistas, morre repentinamente. Despois de ser soterrado, a súa viúva preséntase ante a administración para iniciar os trámites para cobrar a pensión. Para iso necesita o carné laboral do morto, que foi soterrado con ese documento. Un sobriño encárgase de comezar os trámites para desenterralo e comeza un enlouquecido e interminable papelorio que o levan a transgredir a lei e alterar a súa pacífica e ordenada vida.