Memorias do subdesenvolvemento (1968)

Biblioteca Provincial-Día 25-6 tarde 97 minutos.
Formato: 35 mm.
Productora: ICAIC
Guión: Tomás Gutiérrez Alea, Edmundo Desnoes
Dirección: Tomás Gutiérrez Alea
Producción: Miguel Mendoza
Dirección de Fotografía: Ramón F. Suárez
Edición: Nelson Rodríguez
Música Orixinal: Leo Brouwer
Son: Eugenio Vesa Figueras, Carlos Fernández, Germinal Hernández
Intérpretes: Sergio Corrieri, Daisy Granados, Eslinda Nuñez, Beatriz Ponchora
Gilda Hernández, René de la Cruz, Omar Valdés
Sergio é un intelectual burgués de cerca de corenta anos. Despois da Revolución decide quedarse en Cuba, se ben a súa muller e os seus pais abandonan o país. Os seus motivos son máis ben de pasividade, pero tamén o desexo de enfrontarse de cerca ás novas realidades. Sergio namorase de Elena, unha xove burguesa moi sinxela e intenta conformala según a súa propia visión da vida. O experimento fracasa ridiculamente: a familia de Elena acúsao de violación e ten que esforzarse para probar a súa inocencia nun proceso. Tamén o balance dos seus recordos e ideas acaba negativamente: sente que está comezando unha nova era pero sabe que é demasiado tarde para adaptarse a ela.
![]() | ![]() |

