4 MESES, 3 SEMANAS, 2 DÍAS

Auditorio / Día 22 / 11 noche

Rumania -2007-113 minutos
Título original: 4 luni, 3 saptamani si 2 zile
Género: Drama
Director/ra: Cristian Mungiu
Guión: Cristian Mungiu
Música: Esteban Puebla
Montaxe: Dana Bunescu
Fotografía:

Intérpretes: Anamaria Marinca (Otilia), Laura Vasiliu (Gabriela "Gabita" Dragut), Vlad Ivanov (Viarel Domnu Bebe), Alexandru Potocean (Adi Radu), Ion Sapdaru (Dr. Rusu).

Conseguiu a Palma de Oro á mellor película no Festival de Cine de Cannes, así como o premio da Fipresci. Levou o premio á mellor película e director dos Premios do Cine Europeo. Premio da Fipresci á mellor película do año concedido no marco do Festival de Cine de San Sebastián.

Otilia e Gabita comparten habitación nunha residencia de estudantes. Ambas van á universidade nunha pequena cidade de Romanía durante os últimos días do comunismo. Otilia aluga unha habitación nun hotel barato. Quedaron cun tal Sr. Bebe pola tarde. Gabita está embarazada, o aborto é ilegal e ningunha tivo que enfrontarse a algo así antes. Dirixe Cristian Mungiu (Lasi, Romanía, 1968), que estudou Literatura Inglesa na Universidade de Lasi e, posteriormente, Dirección Cinematográfica na Facultade de Cine de Bucarest. Foi profesor e xornalista de prensa, radio e televisión ata 1994. Durante a súa época universitaria, traballou como axudante de dirección en rodaxes estranxeiros en Romanía. Despois de licenciarse en 1998, realizou varias curtametraxes. A súa primeira longametraxe, Occident (2002), estreouse na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes en 2002 antes de ser invitado a máis de 50 festivais internacionais. Cofundou Mobra Films en 2003. Tamén é autor do episodio “Turkey girl” de Lost and found (2005).