PRETEXTOS

Auditorio / Día 23 / 11 noche

España-2008-90 minutos
Título original: Pretextos
Xénero: Drama
Director/ra: Silvia Munt
Guión: Silvia Munt, Eva Baeza
Música: Eduardo Arbide
Montaxe: David Gallart
Fotografía: David Omedes

Intérpretes: Silvia Munt (Viena), Ramón Madaula (Daniel), Laia Marull (Eva), Francesc Garrido (Ricardo), Merè Llorens (Marta).

Conseguiu a Biznaga de Prata ó mellor director de fotografía no Festival de Cine Español de Málaga.

O matrimonio de Viena, directora de teatro, e Daniel, médico dun xeriátrico, esta en crise. Quérense, pero non se soportan. Ambos agárranse ós seus respectivos traballos para encher o impertinente baleiro que os acompaña. Os seus mundos son antagónicos, as súas necesidades diferentes... Ou quizais non: todos buscamos o mesmo. A directora esta ultimando a estrea dunha obra que fala sobre a ficción e o desexo como único refuxio ou vía de escape ante as pequenas e grandes decepcións da vida. Ricardo, o protagonista da obra, será a o cómplice de Viena, dentro e fóra do escenario. Daniel, pola súa parte, goza da súa profesión, máis tranquila e, sobre todo, máis ancorada na realidade. A súa rutina inclúe unhas breves conversacións con Eva, unha das enfermeiras do xeriátrico. Eva é unha muller que vive entre a realidade e o deber, enfrontándose ó sufrimento do ser humano, á enfermidade, á vellez... Na súa vida non hai espazo para a ficción ou o desexo. Só Lucas, o fillo de Daniel, compartira o seu gran secreto. Esta é unha historia que fala de soidades compartidas, de amores imperfectos, de desexos insatisfeitos e de promesas que non sabemos canto van durar pero que se converten nun bo pretexto para vivir... A pesar de todo.

É a primeira longametraxe de ficción dirixida por Silvia Munt (Barcelona, 1957), directora, guionista, actriz de cine, teatro e televisión, estudou danza clásica e contemporánea que combinou con estudios de Psicoloxía. Durante a súa traxectoria profesional como actriz, traballou en películas como 53 días en invierno, Remake, Gala, El viaje de Arián, Aunque tú no lo sepas, Subjudice ou El faro. En 1998 debutou na dirección cinematográfica coa curtametraxe Déjeme que le cuente (1998) á que seguiu Lalia (1999), así como o documental Gala (2003), e as producións de televisión Quia (2001), Las hijas de Mohamed (2003) e Cosas que pasan (2006).