ARITMÉTICA EMOCIONAL

Auditorio / Día 24 / 11 noche Canada-2007-99 minutos Título original: Emotional arithmetic Xénero: Drama Director/ra: Paolo Barzman Guión: Jefferson Lewis Música: Normand Corbeil Montaxe: Arthur Tarnowski Fotografía: Luc Montpellier Intérpretes: Susan Sarandon (Melanie Lansing Winters), Christopher Plummer (David Winters), Gabriel Byrne (Christopher Lewis), Roy Dupris (Benjamin Winters), Max von Sydow (Jakob Bronski). Presentouse na sección oficial do Festival de Cine de San Sebastián. En 1945, Jakob Bronski, un mozo disidente encarcerado en Drancy, decide protexer a dous nenos, Melanie e Christopher. Corenta anos despois, Melanie descubre que Jacob segue vivo. Sempre crera que despois de ser trasladado a Auschwitz morrera. Invítao a vivir na granxa familiar en Canadá. Pero Jakob non chega só, trae a Christopher. Melanie e Christopher deberán recoñecer o poderoso vínculo que existe entre os dous. O pasado explota no presente nunha tenra e inesperada historia de amor que cambiara as súas vidas e a dos seres que os rodean. Dirixe Paolo Barzman, que traballou sobre todo para televisión como guionista e realizador. Medrou nun ambiente cinematográfico, seus padres eran os coñecidos guionistas Ben e Norma Barzman. Estudou Pintura e Artes Gráficas na Académie Julian de París e en UCLA antes de inclinarse polo cine. A súa primeira longametraxe largo foi Time is Money (1992). Dirixiu numerosos telefilmes, como Perseguida por toda a ciudad e Por siempre mía, entre outros así como 16 episodios da aclamada serie 15 Love, 11 episodios da serie de aventuras Cazatesoros, varios episodios de Reina de espadas e os 22 episodios de Ice Corp.