LA BODA DE TUYA

Auditorio / Día 26 / 11 noche
China-2007- 96 minutos
Título original: Tuya de hun shi
Género: Drama
Director/ra: Wang Quanan
Guión: Wang Quanan, Lu Wei
Música: Varios
Fotografía: Lutz Reitemeier
Intérpretes: Yu Nan (Tuya), Bater (Bater), Peng Hongxiang (Baolier), Zhaya (Zhaya).
Conseguiu o Oso de Ouro no Festival de Cine de Berlín e o da Fipresci.
Tuya é guapa, forte, coida do seus animais nunha rexión desértica da Mongolia Interior, ten dous fillos e está casada con Bater, ó que ama profundamente. Pero Bater é inválido, fai tres anos tivo un accidente cavando un pozo. Tuya debe facelo todo, levar a cen ovellas a pastorear co seu camelo, cociñar e ir buscar auga a 30 quilómetros do seu fogar. Un día, Tuya faise dano nas costas mentres axuda ó seu veciño Senge, un home propenso ós accidentes. O médico dille que se sigue traballando duro, empeorará, pero ela non lle fai caso. Incapaz de ver sufrir á súa muller, Bater convéncea de que se divorcien para que encontre a outro que poida coidar dela. Acepta, sempre e cando a persoa que coide dela e dos seus fillos tamén coide de Bater. Cando os pretendentes empezan a chegar, anuncia que se casará co home que acepte a poliandria. Entre eles atópase o rico Baolier, un antigo compañeiro de colexio. Esta cheo de boas intencións e parece reunir as condicións necesarias; divorciouse e traballa no negocio do petróleo. Ofrece costear a mellor residencia para Bater e Tuya ten que tomar unha decisión. Pero ó pouco de estar na residencia, Bater córtase as veas, incapaz de soportar a soidade. Senge, que foi testemuño da traxedia, chama a Baolier por teléfono, pero este cólgalle. Ten medo de que Tuya volva con Bater se o sabe. Sen embargo, séntese tan culpable que esta á punto de volverse tolo. Senge chega co seu cabalo branco para recoller a Tuya e ós seus fillos. De feito, Senge quere a Tuya. Cando a súa muller o abandona levando o seu único ben, un camión, decide axudar a Tuya. Cando ela, os nenos e Bater regresan a casa, Senge empeza a cavar o pozo que Bater non acabou. Sabe que é a súa única baza para conquistar o corazón de Tuya. A muller dáse conta dos sentimentos de Senge, que desaparece de golpe e sen previo aviso. Tuya empeza de novo a buscar marido. Non parará ata que a súa familia sexa feliz, pero non quere abandonar a vida rural e tradicional da Mongolia Interior a pesar das tormentas de neve, a crecente desertización e, peor aínda, da presión gobernamental.
Dirixe Wang Quanan (Yan'an, Shaanxi, China, 1965), que se licenciou na famosa Academia de Cine de Pekín e cuxa filmografía se completa con Yue shi (Eclipse lunar, 1999) e Jing zhe (La historia de Ermei, 2004).
![]() | ![]() |

