CONVERSACIONES CON MI JARDINERO

Auditorio / Día 27 / 11 noche
Francia -2007- 110 minutos
Título original: Dialogue avec mon jardinier
Género: Comedia
Director/ra: Ferzan Ozpetek
Guión: Jean Becker, Jean Cosmos,
Jacques Monnet
Música: Varios
Montaxe: Jacques Witta
Fotografía: Jean-Marie Dreujou
Intérpretes: Daniel Auteuil (El pintor), Jean-Pierre Darroussin (El jardinero), Fanny Cottençon (Hélène), Alexia Barlier (Magda), Hiam Abbass (Esposa del jardinero).
Despois de terse dado a coñecer en París, un pintor quincuaxenario regresa ó seu pobo natal na Francia profunda para instalarse na casa onde pasou a súa infancia. Un xardín de boas proporcións rodea o edificio, pero non sabe nin lle apetece coidalo. Prefire poñer un anuncio no xornal local. O primeiro candidato, e o definitivo, é un antigo compañeiro de colexio milagrosamente reencontrado despois de tantos anos. Será o xardineiro. No seu contacto diario co xardineiro, o pintor descobre, mediante toques impresionistas, a un home que primeiro o intriga e que acaba por asombralo grazas á súa franqueza e á simplicidade da mirada coa que ve o mundo. A súa vida está marcada por referencias sinxelas. Unha felicidade sen espaventos. O xardineiro non coñece a amargura nin a envexa. Os seus heroes sempre son xente modesta. O seu sistema de valores ten un criterio único que, de forma consciente ou non, lle serve para xulgar ás cousas e ás persoas: o sentido común. A arte da que vive o seu amigo non goza da súa aprobación ata que pode observalo discretamente durante horas. Proseguen unha especie de adolescencia tardía e fraternal na que se mesturan as súas familias, os seus coñecementos, as cenorias, as cabazas, a vida, a morte, viaxar en avión, as grosellas, os gustos e as cores. Redescóbreno todo a través da mirada do outro e renovan o espectáculo do mundo. Sen grandes alborotos, invítanos a compartir o seu descubrimento do día a día. O xardineiro planta para ofrecer e o pintor pinta para mostrar.
Esta dirixida por Jacques Becker (París, 1938), fillo de Jacques Becker (París bajos fondos, La evasión), cuxa filmografía completan Un tal La Rocca (1961), A escape libre (1964), Pas de caviar pour tante Olga (1965), Dulce gamberro (1967), Verano asesino (1983), Elisa (1995), La fortuna de vivir (1999), Un crimen en el paraíso (2001) e Effroyables jardins (Los jardines de la memoria, 2003).
![]() | ![]() |

