LA BATALLA DE HADIZA

Auditorio / Día 22 / 9,00 tarde

Reino Unido-2007-93 minutos
Título original: Battle for Haditha
Xénero: Bélica
Director/ra: Bahman Ghobadi
Guión: Nick Broomfield
Música: Nick Laird-Clowes
Montaxe: Stuart Gazzard, Ash Jenkins
Fotografía: Mark Wolf

Intérpretes: Elliot Ruiz (Cpl. Ramirez), Yasmine Hanani (Hiba), Andrew McLaren (Capitán Sampson), Matthew Knoll (Cpl. Matthews), Thomas Hennessy (Doc).

Conseguiu a Concha de Prata ó mellor director no Festival de Cine de San Sebastián.

Haditha (Iraq), 19 de novembro de 2005. Insurxentes iraquís bombardean un convoi de marines estadounidenses e matan ó oficial máis apreciado polos seus camaradas. Enfurecidos por esta perda, os seus novos compañeiros levan a cabo unha brutal represalia. Os seus violentos rexistros domiciliarios teñen como resultado a masacre de 24 persoas, moitas das cales son mulleres e nenos, vítimas tráxicas dunha guerra que son incapaces de controlar. Tamén os marines son vítimas: son atacados, feridos e obrigados a responder da forma que lles ensinaron. Pero, cando os feitos se suceden a gran velocidade e en circunstancias de tensión extrema, ¿se pódase acusar de asasinato ós marines que se atopan na liña de fogo?

Dirixe Nick Broomfield (Londres, Reino Unido, 1948), que estudou Leis en Cardiff e Ciencias Políticas na Universidade de Essex. Seguidamente estudou cine na National Film and Television School, co profesor Colin Young, que tivo unha gran influencia sobre o traballo de Broomfield, animándoo para que fixera unha observación participativa e presentándolle á talentosa Joan Churchill, coa que rodou varias películas. Orixinalmente, viuse influído polo estilo observador de Fred Wiseman, Robert Leacock e Pennebaker, antes de variar, en parte de forma accidental, cara ó estilo máis persoal polo que é máis coñecido. En 1988, mentres estaba rodando Driving me crazy, unha película completamente fora do seu control, Nick decidiu colocarse a si mesmo e ó produtor da película na historia, como unha forma de que aquel traballo tivera sentido. Este experimento levouno a unha maior sensación de liberdade, a partir dos límites do cine observador e a un tipo de cine máis investigador e experimental. A súa filmografía componse de Juvenile Liaison (1976), Tattooed Tears (1978), Soldier Girls (1981), Chicken Ranch (1983), Lily Tomlin (1986), Driving Me Crazy (1988), Diamond Skulls (Cuerpo de élite) (1989), The Leader, His Driver and the Driver’s Wife (1991), Aileen Wuornos: The Selling of a Serial Killer (1992), Monster in a Box (1992), Tracking Down Maggie: The Unofficial Biography of Margaret Thatcher (1994), Biggie and Tupac (2002), Aileen: Life and Death of a Serial Killer (2004) e Ghosts (2006). Para televisión dirixiu Heidi Fleiss: Hollywood Madam (1995) e His Big White Self (2006).