MEDIA LUNA

Auditorio / Día 23 / 9,00 tarde

Irán-Irak-Austria-Francia -2007-114 minutos
Título original: Niwemang
Xénero: Drama
Director/ra: Nick Broomfield
Guión: Bahman Ghobadi
Música: Hossein Alizadeh
Montaxe: Haydeh Safi-Yari
Fotografía: Nigel Bluck, Crighton Bone

Intérpretes: Ismail Ghaffari (Mamo), Allah Morad Rashtiani (Kako), Hedye Tehrani (Eso), Hassan Poorshirazi (Policía fronterizo), Golshifteh Farahani (Niwemang).

Conseguiu a Concha de Ouro no Festival de Cine de San Sebastián, así como o premio á mellor fotografía e o da Fipresci.

O famoso e ancián músico Mamo obtivo permiso para actuar nun concerto no Kurdistán iraquí. O seu gran amigo Kako encárgase de conseguir e conducir o autobús escolar co que recollerán ós dez fillos músicos de Mamo, repartidos entre diversos pobos do Kurdistán iraniano. Mamo está decidido a recorrer os quilómetros que o separan do concerto a pesar de todos os obstáculos. Fai 35 anos que o vello músico kurdo espera volver a tocar en Iraq. Non fai caso á premonición do seu fillo de que algo terrible lle ocorrera a antes da seguinte lúa chea. Mamo está convencido de que a esencia do concerto está na voz celestial dunha muller. Decide ir buscar a Hesho, que se refuxiou na montaña con outras 1.334 mulleres cantantes no exilio. Pero convencer a Hesho non é tarefa fácil; o exilio diminuíu a súa confianza en si mesma e a súa voz. Ademais, dado que en Irán está terminantemente prohibido que as mulleres canten diante dos homes, é necesario esconder a Hesho no autobús. O viaxe de Mamo, a cantante e os músicos non transcorre sen sobresaltos, pero a súa teima e forza guíaos a través de aventuras, emocións e maxia.

Dirixe o kurdo Bahman Gobadi (Baneh, 1969), que estudou Cinematografía en Teherán e empezou traballando como fotógrafo industrial, ademais de rodar varias curtametraxes en 8 mm e en vídeo. Entre 1995 e 1999 as curtas God’s Fish, Again Rain with the Melody, This Man Has Arrived e Life in Fog foron galardoados con numerosos premios. Gañou a Cámara de Ouro e o premio da Fipresci no Festival de Cine de Cannes 2000 co seu primeiro largo Un tiempo para caballos borrachos, ó que seguiu Gomgashtei dar Aragh (Perdido en Iraq, 2004) e Las tortugas tamén vuelan (2004). Entre 1995 e 1999 realizou unha decena de curtametraxes que obtiveron numerosos premios en distintos festivais nacionais e internacionais, e en 1999 ocupou o posto de primeiro asistente de Abbas Kiarostami durante a rodaxe de El viento nos llevará. Como actor púidose ver en La pizarra. As súas películas, centradas na vida kurda, son duras e realistas, incluso chocantes, pero non acostuma a esquecer o humor e a esperanza