BARRIO CUBA

Auditorio / Día 24 / 9,00 tarde

España-Cuba -2007-106 minutos
Título original: Barrio Cuba
Género: Drama
Director/ra: Humberto Solás
Guión: Humberto Solás, Sergio
Benvenuto, Elía Solás
Música: Esteban Puebla
Montaxe: Nino Martínez
Fotografía: Carlos Rafael Solís

Intérpretes: Luisa María Jiménez (Magalis), Jorge Perugorría (El Chino), Isabel Santos (Vivian), Mario Limonta (Ignacio), Adela Legrá (Amparo).

Conseguiu o premio especial do xurado do Festival Internacional de Novo Cine Latinoamericano de La Habana, así como o premio á mellor actriz (Luísa María Jiménez) e o de mellor cartel cinematográfico. Presentouse no Festival de Cine Iberoamericano de Huelva, onde conseguiu o Colón de Oro do Público e unha Mención Especial do Xurado Magalis, Ignacio, Vivian, Miguelito e Santo son algúns dos personaxes que viven en Barrio Cuba. Seres que buscan o seu anaco de felicidade na Habana. Seres que apuran a vida, que se rebelan contra un destino incerto e se empeñan unha e outra vez en encontrar unha saída. A realidade golpéaos, pero eles nunca perden a esperanza dun futuro mellor, de recuperar un amor, de superarse... Dirixe Humberto Solás (La Habana, Cuba, 1941), figura emblemática dentro da cinematografía de América Latina. O seu debut tivo lugar durante a década dos sesenta cando se converteu en un dos fundadores do Novo Cine Latinoamericano. Nese período filma Lucía, considerada pola crítica mundial como unha das dez películas máis importantes da historia do Cine Iberoamericano, así como tamén unha das dez películas antolóxicas do cine do Terceiro Mundo. A súa obra xeral é a plasmación dun humanismo que se ocupa na busca da identidade nacional e latinoamericana en función

dos ideais de paz, harmonía e xustiza social. A estética de Solás é unha apaixonada experimentación que recolle o legado clásico e intertextualízao dentro das perspectivas da vangarda cinematográfica contemporánea onde é unha figura clave, xa que desde a tribuna do Festival Internacional do Cine Pobre, que el preside, exhorta á democratización e a liberdade dun cine realizado con poucos recursos que posibilite a inserción tanto de novos cineastas como de comunidades enteiras no patrimonio audiovisual mundial e cuxas premisas son as buscas narrativas, un compromiso co benestar do home e o seu entorno e unha ética liberdade de expresión. A súa filmografía complétase cos largos Lucía (1968), Un día de noviembre (1972), Cantata de Chile (1975), Amada (1983), Un hombre de éxito (1986), El siglo de las luces (1991) e Miel para Oshún (2001).