LA ZONA

Auditorio / Día 25 / 9 tarde
España-México-2007- 97 minutos
Título original: La zona
Género: Drama
Director/ra: Rodrigo Pla
Guión: Rodrigo Pla, Laura Santullo
Música: Fernando Velázquez
Montaxe: Bernat Vilaplana, Ana García
Fotografía: Emiliano Villanueva
Intérpretes: Daniel Giménez Cacho (Daniel), Maribel Verdú (Mariana), Carlos Bardem (Gerardo), Daniel Tovar (Alejandro), Alan Chávez (Miguel).
Presentouse no Festival de Cine de Venecia, onde conseguiu o Premio Luigi de Laurentiis á mellor ópera prima, así como no Festival de Cine de Toronto, onde levou o Premio da Fipresci.
Formou parte da sección oficial, fóra de concurso, da Semana Internacional de Cine de Valladolid.
Alejandro é un mozo que vive nunha zona residencial pechada, autosuficiente e cunha forte seguridade privada. Tanto a súa familia como o resto dos residentes, obrigados pola crecente delincuencia, o medo á violencia e a falta de lei, elixiron ese lugar como último reduto de paz. Durante unha madrugada, tres intrusos logran entrar no lugar para roubar nunha casa. Durante o ataque é asasinada unha anciá, pero dous dos ladróns son abatidos pola garda privada. O terceiro ladrón logra escapar e permanece prófugo no interior da zona. Despois dunha áspera deliberación e conscientes da corrupción e ineficacia reinante, a maioría dos veciños da zona deciden facer xustiza por si mesmos. No soto da súa casa, o mozo Alejandro atópase, por sorpresa, co ladrón, Miguel, un mozo da súa mesma idade que, asustado, recoñece o seu delito e pide axuda. Mentres a busca continúa, as opinións dos veciños do interior da zona comezan a dividirse. Tras moitas vacilacións, Alejandro decide axudar a Miguel. Sen embargo, a crecente tensión e o medo dos veciños da zona, sumados á presión que exerce a policía desde o exterior, dificultarán o seu propósito. En medio de todos estes acontecementos, Alejandro verase obrigado a medrar e atopar a súa propia visión do mundo.
Dirixe Rodrigo Plá (Montevideo, Uruguai, 1968). Nacionalizado mexicano, estudou na Escola Activa de Fotografía e Vídeo, así como guión e dirección no Centro de Capacitación Cinematográfica. É autor das curtas Moira (1988), Novia mía (1996) y El ojo en la nuca (2001). Participou no Laboratorio de Escritura de Guiones, organizado pola Fundación Toscano e o Sundance Institute. É a súa segunda longametraxe tras Desierto adentro (2006).
![]() | ![]() |

