PERSÉPOLIS

Auditorio / Día 26 / 9,00 tarde
Francia-USA -2007- 95 minutos
Título original: Persépolis
Género: Animación
Director/ra: Marjane Strapi
Guión: Marjane Strapi, Vincent Paronnaud
Música: Olivier Bernet
Montaxe: Stéphane Roche
Intérpretes: Chiara Mastrianni (Voz de Marjane), Catherine Deneuve (Voz de Tadji, madre), Danielle Darrieux (Voz de la Abuela), Simon Abkarian (Voz de Ebi, padre), Gabrielle Lopes (Voz de Marjane, joven).
Conseguiu o Premio do Xurado no Festival de Cine de Cannes.
Inaugurou a Semana Internacional de Cine de Valladolid.
Foi a candidata de Francia como aspirante ó Óscar á mellor película en lingua non inglesa.
Unha moza crece no Irán da Revolución Islámica. A través dos ollos de Marjane, unha precoz e aberta nena de nove anos, vemos as esperanzas dun pobo rotas ó tomar os fundamentalistas o poder, impoñendo o veo ás mulleres e encarcerando a miles de persoas. Intelixente e sen medo, engana os "gardiáns sociais" e descobre o punk, Abba e Iron Maiden. Pero cando o seu tío é executado sen piedade e as bombas caen arredor de Teherán na guerra entre Irán e Iraq, o medo diario que rodea a súa vida é palpable. A medida que crece, a audacia de Marjane fai que seus pais se preocupen pola súa seguridade. E así, ós catorce anos, toman a difícil decisión de enviala a unha escola en Austria. Vulnerable e soa nun país estraño, resiste os malos tragos típicos dun adolescente. Ademais, Marjane ten que combater o feito de ser equiparada co fundamentalismo relixioso e o extremismo dos que tivo que fuxir. Co tempo é aceptada, e incluso experimenta o amor, pero despois do instituto encóntrase soa e cunha terrible nostalxia de seu fogar. Aínda que significa poñerse o veo e vivir nunha sociedade tiránica, Marjane decide volver a Irán para estar cerca da súa familia. Despois dun difícil período de adaptación, entra na escola de arte e casa, ó tempo que continúa falando contra a hipocrisía que presenza. Ós vintecatro anos, dáse conta de que aínda que é profundamente iraniana, non pode vivir en Irán. Entonces toma a dolorosa decisión de deixar o seu país e irse a Francia optimista sobre seu futuro, e moldeada de maneira indeleble polo seu pasado.
É a primeira película dirixida por Marjane Satrapi (Teherán, 1969), que estudou no Liceo Francés de Teherán. Despois estudou en Viena antes de trasladarse a Francia en 1994. En París, a través doutros colegas debuxantes de cómics, foi introducida no Atelier des Vosges, un estudio que aglutina ós mellores debuxantes contemporáneos. Na súa primeira novela gráfica, Persépolis 1, publicada por L'Association en novembro de 2000, Marjane contou a historia dos primeiros 10 anos da súa vida ata o derrocamento do Sha e o inicio da guerra entre Irán e Iraq. En Persépolis 2, publicada en outubro de 2001, describiu esa guerra e os seus anos da adolescencia ata a súa partida a Viena ós 14 anos. Persépolis 3 e Persépolis 4 falan do seu exilio en Austria e do seu regreso a Irán. Desde entón publicou Embroidery e Chicken with Plums. Persépolis é a súa primeira película.
Codirixe o tamén debutante na longametraxe Vincent Paronnaud (La Rochelle, 1970), tamén coñecido como Winshluss, que é un recoñecido artista de cómic. Xunto co seu amigo e colaborador Cizo, inventou o personaxe de Monsieur Ferraille, a emblemática figura do cómic Ferraille Illustré, que coeditou con Cizo e Felder. Os seus proxectos en solitario inclúen Super Négra, Welcome to the Death Club e Pat Boon-Happy End. Acadou recoñecemento cando foi candidato para o Smart Monkey en 2004 e para o Wizz and Buzz en 2007 no Festival de Comic Book de Angouléme. Winshluss e Cizo tamén codirixiron dúas curtametraxes animadas: O'Boy, What Nice Legs e Raging Blues.
![]() | ![]() |

