RED ROAD

Auditorio / Día 22 / 7,00 tarde
Reino Unido-Dinamarca-2007-113 minutos
Título original: Red road
Xénero: Drama
Director/ra: Andrea Arnold
Guión: Andrea Arnold
Montaxe: Nicolas Chaudeurge
Fotografía: Robbie Ryan
Intérpretes: Kate Dickie (Jackie), Tony Curran (Clyde), Martin Nathalie Press (April), Andrew Armour (Alfred).
Conseguiu o Premio do Xurado no Festival de Cine de Cannes 2006.
Presentouse no Festival de Cine de Sundance onde desenvolveu grazas ó Laboratorio de Guionistas de Sundance en 2005 e conseguiu o Premio Bafta do cine británico á mellor nova promesa (Andrea Arnold).
Jackie traballa no concello de Glasgow onde observa as imaxes das cámaras de vixilancia situadas estratexicamente pola cidade. Pasa o día mirando á xente por razóns de seguridade, pero é unha profesión un pouco especial. Vive soa. Un día ve nun dos monitores a un home ó que cría que non volvería ver nunca e non tarda en saber que saíu do cárcere antes de tempo por boa conduta.
É a primeira longametraxe dirixida por Andrea Arnold (Dartford, Kent, Reino Unido, 1961) tralas curtas Dog (2001), Wasp (2003), Óscar á mellor curtametraxe non animada de 2005, e a produción de televisión Bedbugs (2002).
![]() | ![]() |

