53 DIAS DE INVIERNO

Auditorio / Día 23 / 7,00 tarde
España-2007-91 minutos
Título original: 53 días de invierno
Xénero: Drama
Director/ra: Judith Colell
Guión: Gemma Ventura
Música: Varios
Montaxe: David Gallart
Fotografía: Sergi Gallardo
Intérpretes: Mercedes Sampietro, Alex Brendemühl, Aina Clotet, Maria Pau Pigem, Montserrat Salvador, Silvia Munt, Joaquim De Almeida, Celso Bugallo, Abel Folk
Presentouse no Festival de Cine de San Sebastián 2006 dentro da sección Zabaltegi.
Aina Clotet: Premios a Mellor Actriz e Actriz Revelación do Festival Cinespaña de Toulouse .
Tres personaxes encóntranse unha noite de inverno nunha parada de autobús. Os tres asisten ó abandono dun can. Mila, unha profesora de instituto que estivo un ano de baixa tras sufrir unha agresión por parte dun dos seus alumnos; Celso, garda xurado, casado, pai dun fillo e con graves problemas económicos, está punto de saber que vai ser pai de xemelgos; e Valeria, estudante de violonchelo, cunha turbia relación familiar e amorosa. Os tres personaxes iniciarán unha viaxe á deriva que os levara á enfrontarse os seus medos e frustracións e a tomar cada un deles unha decisión ó límite que cambiara as súas vidas.
Dirixe Judith Colell (Barcelona) tras Nosotras (2000), e algunhas curtametraxes como Escrito en la piel o uno de los segmentos, La vista, de El dominio dos sentidos (1996). Tras licenciarse en Historia do Arte, Judith obtivo o Certificate in film pola New York University. Traballou como directora de cine, teatro, como guionista, produtora e profesora de guión na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, na Universidade de Xirona e na escola “Taller de Guionistas”.
![]() | ![]() |

