PROVOKED

Auditorio / Día 24 / 7,00 tarde

India-Reino Unido-2008-113 minutos
Título original: Provoked: a true story
Género: Drama
Director/ra: Jag Mundhra
Guión: Carl Austin, Rahila Gupta
Música: A.R. Rahman
Montaxe: Sanjeev Mirajkar
Fotografía: Madhu Ambat

Intérpretes: Aishwarya Rai (Kiranjit Ahluwalia), Miranda Richardson (Veronica Scott), Navee Andrews (Deepak Ahluwalia), Ray Panthaki (Ravi), Nandita Das (Radha Dalal).

Kiranjit Ahluwalia abandona a India para casar co seu marido en Londres. Aparentemente trátase dunha vida de soño; vivir no estranxeiro, sen problemas económicos, sen ningún tipo de preocupacións e cun futuro por diante. Todo se desvanece cando descobre que o seu marido é un alcohólico e sométea continuamente a malos tratos físicos e psicolóxicos. A situación empeorou ó ter dous fillos. Incapaz de soportar a brutalidade e as repetidas violacións por parte do seu marido, préndelle fogo e mátao. Acusada de asasinato en primeiro grado, senténciana a cadea perpetua, e ingresa en prisión. Alí faise amiga da súa compañeira de cela, unha muller branca acomodada, da que aprende inglés. Esta muller síntese tan conmovida pola súa historia que lle pide o seu medio irmán, un avogado de alto nivel, que leve o seu caso. O proceso chega os oídos dun grupo variado de traballadores sociais surasiáticos, que xestionan unha organización de poucos recursos económicos chamada Southall Black Sisters. Eles presentan a súa grave situación ós medios de comunicación mediante a organización de manifestacións, para conseguir o apoio do público e conseguir a súa liberdade. En última instancia é liberada polo sistema xudicial, converténdose nun caso que sentou precedente, chamado Regina contra Ahluwalia, que redefiniu a palabra "Provocación" no caso de mulleres maltratadas. Volveuse reunir cos seus fillos e, posteriormente, a muller do Primeiro Ministro outorgoulle un premio pola súa loita contra a violencia doméstica.

Dirixe Jag Mundhra (Nagpur, India, 1948), cunha filmografía que se completa con Suraag (1982), Kamla (1984), Open House (1987), Asesino en serie (1988), Halloween Night (1988), Night Eyes (1990), Legal Tender (1991), Eyewitness to Murder (1991), Last Call (1991), Vishkanya (1991), The Other Woman (1992), Tropical Heat (1993), Wild Cactus (1993), L.A. Goddess (1993), Sexual Malice (1994), Conducta inapropiada (1994), Pasado misterioso (1997), Ek Zara Si Wafa (1999), Perfumed Garden (2000), Bawandar (2000), Cuentos de Kama Sutra: En el Jardín Perfumado (2001), Private Moments (2005) e Natasha (2006).