LO MEJOR DE MÍ

Auditorio / Día 25 / 7,00 tarde

España-2007-85 minutos
Título original: Lo mejor de mi
Xénero: Drama
Director/ra: Roser Aguilar
Guión: Roser Aguilar
Música: Jens Neumaier
Montaxe: Bernat Vilaplana
Fotografía: Isaac Vila

Intérpretes: Marian Álvarez (Raquel), Juan Sanz (Tomás), Lluis Homar (Eduardo), Alberto Jiménez (Dr. Ferrer), Marieta Orozco (Silvia).

Conseguiu o Premio á Mellor Actriz no Festival de Cine de Locarno 2007. Presentouse na sección oficial da Semana Internacional de Cine de Valladolid.

Cando era pequena, Raquel non podía entender por qué en todas as partes se falaba de amor: na radio da casa, na tele, nas películas do sábado pola tarde e, sobre todo, nas cancións. E pensaba que pasaría se non encontraba a ninguén que a quixera. Agora Raquel vai vivir con Tomás. Debera decidir que está disposta a facer por amor e descubrira o bonito e difícil de querer a alguén de verdade.

É a primeira longametraxe dirixida por Roser Aguilar (Barcelona, 1971), quen tras estudar Xornalismo na UAB, entra na ESCAC (Escola Superior de Cinema i Audiovisuals de Cataluña), formando parte da primeira promoción da nova escola de cine. Especialízase en Dirección e completa os seus estudios con cursos de guión con Fernando Trueba e Joaquim Jordà, de dirección con Bob McAndrew e Juan José Campanella e de fotografía con Manolo Laguillo, Antonio Corral e Pepe Baeza. Ten traballado en ámbitos diversos do audiovisual: dirección, guión e edición. Dirixiu tres curtametraxes, dos que a última Cuando te encontré, foi seleccionade en múltiples festivais españois e internacionais. Ultimamente traballou como guionista para Televisión de Cataluña e como realizadora de producións independentes