Carmen

Auditorio-Día 21-8 tarde
Dirección: Ernst Lubitsch Guión: Hanns Kräly Intérpretes: Pola Negri, Harry Liedtke, Leopold von Ledebour, Grete Diercks, Wilhelm Diegelmann Música: Artur Vieregg Fotografía : Alfred Hansen Producción: Projektions-AG Union, Alex Gibney.
Alemania, 1918. 60 min.
A historia de Don José, perdidamente atraído pola cigarreira xitana Carmen, según a creación inmortal de Prosper Merimée, conserva a súa estructura orixinal en forma de gran flashback nesta versión de Lubitsch a meirande gloria dunha Pola Negri sensual e seductora. Cuns decorados dignos do Hollywood máis esplendoroso, o director, xa de grande popularidade en Alemaña, logrou un grande éxito en toda España.
Ernst Lubitsch (28 de Xaneiro de 1982 – 30 de novembro de 1947) foi un director de cine estadounidense nado en Alemaña. Trasladouse aos Estados Unidos á idade de 30 anos. Foi fillo dun xastre xudeu. Comezou a actuar no teatro de Marx Reinhardt. En 1913 crea un personaxe cómico xudeu para diferentes curtametraxes que escribe e dirixe. As súas catro primeiras longametraxes obtiveron un notable éxito, polo que a actriz Mary Pickford proponlle un contrato en Hollywood. En Estados Unidos segue a súa carreira, tanto no cine mudo como en musicais, destacando como o mellor da súa obra as películas de comedia. Foi supervisor da Paramount, o que aproveitou para ofrecer a súa pimeira oportunidade a xoves promesas que fuxían do antisemitismo nazi, como Billy Wilder e Otto Preminger.
ARSENIO MARTINS ENSEMBLE
É líder de varias formacións coas que interpreta sempre un dos seus varios repertorios orixinais. Un quinteto de música de cámara contemporánea que interpreta o seu programa “El color de los ángeles” e un cuarteto de Jazz, Arsenio Martíns & Aroma Jazz trío co programa “Sonrisas Invisibles”. Coa primeira formación gravou catro discos que divulga dende o ano 1997 en Portugal e España. Actuou en decenas de concertos en Porugal, España e Francia en espazos culturais como o Auditorio do Museo Guggenheim de Bilbao, a Aula Magna da Facultade de Medicina da Universidade de Granada (Catedral Manuel de Falla), Goethe Institud de Madrid Ciclo Grandes éxitos da cinemateca alemaña de Madrid, Filmoteca Española Cine Doré Madrid. Festival ARE MORE en Vigo no Ciclo de Música para O Silencio, Festival Cinemascore da Universidade Jaume I de Castelló, o Seminarí Murnau da Universidade de Alicante, a Filmoteca Francisco Rabal de Murcia, a Filmoteca do Principado de Asturias de Oviedo, o Festival de Música de Cine da Universidade de Burgos, o Ciclo de Música de Cámara da Universidade Pablo de Olavide en Sevilla, o Ciclo de Concertos no patio da Igrexa do Salvador en Sevilla, Universidade Internacional de Andalucía, Ciclo de Nuevas Músicas da Universidade de Huelva, Ciclo de Música do século XX en Cajastur no Palacio Revillagigedo de Gijón, Capilla da Universidade de Oviedo, Festival Internacional de Jazz da Universidade de Sevilla, Museo Evaristo Valle de Gijón, Centro Cultural Cajasol en Huelva e Sevilla, Ciclo de Música de Cámara da Universidade Pablo de Olavide, Museo de Carruajes en Sevilla, Instituto Alemán de Madrid, Fundación Tres Culturas del Mediterráneo, Pabellón Hassan II de Sevilla, Pabellón de Portugal na Exposición Iberoamericana de 1929 de Sevilla, Castelo de Valdecorneja, Cursos de Verán da UNED en Ávila. Biblioteca de Andalucía en Granada, Palacio da Merced XVI, en Córdoba, Filmoteca Rexional de Andalucía. Patio da Antiga Deputación de Sevilla, Cine Forum Antares de Sevilla, Ciclo Los Lunes con Nuestros Músicos en Sevilla, a Universidade Miguel Hernández en Elche, Teatro Odeón de Elche, Aula de Cine da Universidade de Almería, entre outros. O pianista e compositor Arsenio Martins presentase por primeira vez en Lugo, despois de recibir o encargo por parte da Semana Internacional de Cine de Autor para estrear a banda sonora orixinal que escribiu para acompañar en directo
![]() | ![]() |

