EL CID

Auditorio/ Día 22 / 5,00 tarde
España-2003-82 minutos
Título original: El Cid, la leyenda
Xénero: Animación
Director/ra: José Pozo
Guión: José Pozo
Música: Oscar Araujo
Montaxe: Félix Bueno
Intérpretes: Manel Fuentes (Voz de Rodrigo), Natalia Verbeke (Voz de Gimena), Loles León (Voz de Urraca), Sancho Gracia (Voz de Gormaz), Carlos Latre (Voces de Ben Yussuf y Conde Ordóñez).
Rodrigo é un perfecto candidato a heroe. Fillo dun nobre castelán, a súa vida transcorre entre a educación na corte, as aventuras que comparte co seu mellor amigo Sancho e as furtivas visitas á súa amada Ximena, a filla do Conde de Gormaz. A Rodrigo, aposto, mozo, divertido e valente, preséntaselle un futuro resplandecente. Pero os tempos de felicidade non duran eternamente, e despois da morte do Rei Fernando, Rodrigo vese envolto nun mundo de tramas e conspiracións que acabarán coa vida de Sancho e a conseguinte coroación do infante Afonso. De repente, Rodrigo perde todo aquilo que adquirira sen esforzo, o seu mellor amigo e o amor da súa amada Ximena, sendo inxustamente desterrado de Castela e sen honor. Lonxe do seu fogar e en territorio hostil, Rodrigo e uns poucos homes, coa especial axuda do príncipe Al-Mutamin, inician unha aventura chea de acción e paixón que nunca esquecerán, recuperando territorios e facendo fronte ó temible Ben Yussuff, acérrimo inimigo do flamante Rei Afonso, e empeñado en conquistar toda a península. No seu esforzo por reclamar o perdón do seu rei, e en busca de recuperar a súa posición e o amor de Ximena, Rodrigo descobre os profundos valores universais da amizade e do honor.
![]() | ![]() |

