PINOCHO 3000 K

Auditorio / Día 23 / 5,00 tarde

España-Canadá-Francia -2004-80 minutos
Título original: Pinocchio 3000
Xénero: Animación
Director/ra: Daniel Robichaud
Guión: Claude Scasso
Música: James Gelfand
Montaxe: Claudette Duff

Intérpretes: Whoopi Goldberg (Voz de Cyberina), Howie Mandel (Voz de Spencer), Malcolm McDowell (Voz de Scamboli).

Conseguiu o Goya á mellor película de animación.

Ano 3000. Gepetto é un xenial inventor da cidade de Scamboville que crea Pinocho: un pequeno robot coa personalidade dun neno de carne e óso. Pinocho, alegre, imaxinativo, curioso, pero tamén testán e inocente, está disposto a calquera cousa para conseguir o seu soño: converterse nun neno de verdade. O pequeno robot é para o vello e entrañable Gepetto, moito máis ca unha criatura creada por el, é case o fillo que nunca tivo. Pinocho non deixa de sorprender polas súas incribles habilidades e pola súa incansable curiosidade ante todo o que o rodea. Gepetto non comprende porqué o malvado alcalde Scamboli está tan celoso del, cando ten unha filla marabillosa. Pero o nobre Gepetto non comparte ese sentimento de odio, máis ben se compadece do alcalde, o que, evidentemente, fai enfurecer máis aínda a Scamboli. Spencer, un pingüín convertido en ciborg como resultado dun experimento que errado de Scamboli, vive tranquilo como man dereita de Gepetto. Aínda que non comparta as inquietudes innatas de Pinocho, Spencer acostuma a acompañalo nas súas aventuras, ofrecéndolle a súa peculiar e divertida interpretación da vida. Á súa vez, Cyberina é un ser máxico en medio dun mundo de fría tecnoloxía, unha fada boa chea de vida que sae da nada para sacar a Pinocho de apuros e guialo no seu intento de converterse en humano.