GISAKU

Auditorio / Día 24 / 5,00 tarde
España-2005-78 minutos
Título original: Gisaku
Xénero: Animación
Director/ra: Baltasar Pedrosa
Guión: Ángel E. Pariente
Música: Óscar Araujo
Montaxe: Félix Bueno
Intérpretes: Gisaku, Riki, Johei, Moira, Gorkan.
Foi candidata ó Goya á mellor película de animación.
Nalgún lugar de España, un samurai espera paciente para cumprir unha misión que antano lle foi encomendada: protexer a Chave de Izanagi do mal. A chave, formada por poderosas pezas, cerra unha porta que franquea o principio do mundo. Gisaku é a historia dunha loita entre o ben e o mal, na que un grupo de personaxes moi opostos deberán traballar en equipo para impedir a Gorkan, o Señor das Tebras, que cumpra o seu obxectivo: invadir o mundo coas súas hordas demoníacas. No transcurso da súa misión Riki, Gisaku, Yohei, Linceto e Moira veranse obrigados a vencer os seus conflitos internos e superar numerosas dificultades.
![]() | ![]() |

