PÉREZ

EL RATONCITO DE TUS SUEÑOS
Auditorio / Día 25 / 5,00 tarde
España-2006-92 minutos
Título original: Pérez, el ratoncito de tus sueños
Xénero: Animación
Director/ra: Juan Pablo Buscarini
Guión: Enrique Cortés
Música: Daniel Goldberg
Montaxe: César Custodio
Intérpretes: Ana María Orozco (Pilar), Fabián Mazzei (Santiago), Delfina Varni (Lucía), Nicolás Torcanowsky (Ramiro), Diego Gentile (Pipo).
Conseguiu o Premio Goya á mellor película de animación.
Lucía vive con seus pais nun barrio tranquilo. A noite que perde o seu primeiro dente, o Rato Pérez non chega a deixarlle a moeda. Lucía preocúpase e sente que algo malo lle sucedeu a Pérez. Angustiada, cóntalle a seu pai as súas sospeitas, pero el non lle presta atención. Así pois, decide emprender a busca de Pérez, axudada polo seu primo Ramiro. Pronto descubrirán que o Rato Pérez vive nun barco onde ten unha factoría perfectamente organizada, onde viven miles de ratos que fan perlas cos dentes que recollen dos nenos. No camiño van coñecer a Pipo, un personaxe non moi fiable que tratara a de despistar ós nenos. Pipo é o sobriño de Morientes, que é o socio e amigo do Rato Pérez. Trátase dun mozo ambicioso e tramposo que fai crer ós nenos que é o seu aliado, pero a súa verdadeira intención é sacar ó Rato Pérez do medio e quedarse co seu imperio de perlas.
![]() | ![]() |

