NOCTURNA,

Auditorio / Día 26 / 5,00 tarde
UNA AVENTURA MÁGICA
España-2007-80 minutos
Título original: Nocturna, una aventura mágica
Xénero: Animación
Director/ra: Victor Maldonado
Guión: Victor Maldonado, Adrià Garcia, Teresa Vilardell
Música: Nicolás Errera
Montaxe: Félix Bueno
Intérpretes: Imanol Airas (Voz del pastor de gatos), Carlos Sobera (Voz del Sr. Moka), Natalia Rodríguez (Voz de Estrella Polar).
Presentouse no Festival de Cine de Venecia, na sección Venezia Notte, e no Festival de Cine de Sitges 2007.
Na escuridade da noite, cando as sombras se alongan e cobran vida propia, os ruídos recorren caprichosos as casas e todos os roncóns parecen esconder algo misterioso, a nosa imaxinación énchese de temores. Só a luz das estrelas, dos farois e da lúa través da ventá, consegue converter eses pantasmas en formas recoñecibles e espantar os nosos medos. Un súbito apagamento de estrelas ameaza con deixar a noite sumida na máis profunda escuridade. Tim, un neno asustadizo que vive nun orfanato, encherase de valor para resolver este desastre enfrontándose a súa propia sombra que é froito dos seus medos. Para conseguilo somerxerase nunha emocionante aventura a través de Nocturna, un mundo paralelo que xorde cada noite cando nos quedamos durmidos. Alí descubrira á todos os seres e criaturas que fan que a noite sexa máis ou menos apracible, e con quen emprendera a unha fabulosa viaxe para intentar rescatar á súa estrela querida: Adhara.
![]() | ![]() |

